Con C de Comunicación encargouse das campañas dixitais para dúas das promocións máis recentes de Arial, un dos grupo inmobiliario de maior pegada e con maior prestixio na actualidade. Desenvolvemos diferentes iniciativas de difusión en redes para os proxectos de Cornes e Alto Residencial.
Ademais, como axencia ideamos, maquetamos e elaboramos unha anovadora fórmula para presentar memoria de calidades, que xerou un maior impacto entre os potenciais compradores ao achegarlles unha visión máis próxima e directa, na que prima o deseño e a claridade, das principais características da vivenda. En definitiva, unha comunicación actual para fogares para hoxe, pero tamén para o mañá.