cartel_quen_dixo_medo diptico_quen_dixo_medo interior_diptico_quen_dixo_medo dipticos_quen_dixo_medo twitter Quen dixo medo? rollup_quen_dixo_medo chapa_quen_dixo_medo
Category
Deseño gráfico

QUEN DIXO MEDO?

Quen dixo medo? é unha campaña de sensibilización contra a violencia machista impulsada pola Deputación da Coruña.

Dirixida ao público xeral, pero prestando especial atención aos adolescentes, o seu obxectivo é desmontar os estereotipos ao redor da violencia de xénero para apostar pola responsabilidade de toda a sociedade.

Quen  dixo  medo? desenvólvese nos 40  concellos de menos de vinte mil habitantes da provincia.  Prolongarase durante dous anos, co obxectivo de chegar a preto dunhas 6.000 persoas.

Ao longo da campaña, desenvolveranse accións informativas a través de conferencias, charlas e faladoiros, así como actos simbólicos en datas sinaladas. Ademais, levarán a cabo talleres sobre  autodefensa, acoso a través das TIC,  ciberbuying,  sexting, ou grooming, entre outras prácticas.