SEMANA SANTA SANTIAGO 2017
Este ano, tanto o Concello de Santiago coao a Xunta de Confrarías volveron confiar en nós. Contaron connosco para a realización do cartel da Semana Santa de Santiago e da axenda cultural.
No caso do cartel, tratamos de converter as limitacións do material fotográfico e os requisitos a nivel mensaxe en oportunidades. Oportunidades para variar a composición, apoiarnos na cor e utilizar unha tipografía con máis personalidade.
Na axenda cultural, e dado que a edición anterior funcionou moi ben, incluímos poucas variacións, utilizando a gama do vermello no canto do código multicor e empregando novo material fotográfico tanto para a portada coma para interiores.