poster-tecendo-redes-de-igualdade tecendo-portada-diptico Tecendo redes de igualdade Trabajos
Category
Deseño gráfico

TECENDO REDES DE IGUALDADE

Tecendo redes de  igualdade é o nome do III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Pontevedra.  O seu obxectivo clave é dotar o concello dun marco de actuación en materia de igualdade de oportunidades.

A través do uso dunha estratexia global e transversal, está encamiñada á promoción de accións formativas, informativas, de sensibilización, de carácter lúdico, deportivo, cultural, educativo, divulgativo…

A diferenza cos anteriores Plans de Igualdade reside na súa formulación desde os principios de Participación-Acción-Investigación ( IAP). Así, achéganse criterios de flexibilidade e oportunidade, imprescindibles para actuar neste momento social de cambio e incerteza.

Polo que está dirixido aos diferentes sectores de poboación, poderes públicos, axentes e tecido social. Co que propicia a súa colaboración e implicación, converténdose en axentes activos do cambio, participando no deseño das políticas de igualdade e nas accións que se desenvolvan.