Restaurante Beira

Category
marketing online, vídeo corporativo

En Con C de Comunicación levamos a cabo a planificación estratéxica de posicionamento do Restaurante Beira, situado na avenida de Samil, en Vigo.

A campaña realizámola durante os primeiros meses de 2023 e incluíu distintas accións comoa a gravación dun vídeo corporativo, unha actividade con influencers para redes sociais, a xestión de publirreportaxes en medios e entrevistas en radios locais.

Mostrámosvos o vídeo corporativo que realizamos para este establecemento vigués.