ATTICA21 HOTELS EVENTOS
Campaña de prensa para promocionar os eventos na cadea hostaleira Attica21 Hotels.
A campaña constaba de faldóns e dunha acción promocional nas rúas coruñesas. Unha das creatividades xira ao redor da idea de felicitar a todo o mundo sen un motivo aparente. Sempre hai algo que celebrar, e a cadea felicítanos e transmite que a súa filosofía transcende dos seus equipamentos.
Unha segunda creatividade volve incidir nesa filosofía mediante a mensaxe “Es algo personal”. Con este “copy” quere expresar o grao de implicación que adopta a cadea hostaleira na organización e o desenvolvemento de cada evento. Para Attica21 Hotels, que o cliente goce de cada instante convértese na máxima prioridade
Como complemento aos faldóns de prensa, repartíronse na rúa unhas “Guías prácticas para a organización de calquera evento”. Uns cadernos totalmente en branco, e en cuxa traseira indicaba o difícil que sería crear unha guía como esa, debido a que hai tantas maneiras de organizar un evento como tipos de persoas. Remarcando a idea de que Attica21 Hotels tómase esa organización como algo persoal.