logo_conB_de_barrio portada tríptico conB portada tríptico conB de barrio interior tríptico conB interior_triptico_conB_de_barrio trasera tríptico conB de barrio
Category
Creatividade, Deseño gráfico

CON B DE BARRIO

O Concello de Santiago de Compostela promove Con B de Barrio, un proxecto para apoiar, dinamizar e estimular o pequeno comercio de barrio fronte ás grandes superficies.

Fomenta proxectos de dinamización comercial nos que prima a cooperación entre establecementos comerciais da mesma ou diferente actividade. Tamén favorece o asociacionismo, créanse sinerxías e redes colaborativas que buscan beneficios compartidos derivados da confluencia de intereses.

Para tal fin creouse unha marca que represente a idea e o espírito do proxecto. Unha “B” cuxas formas veñen definidas por dúas frechas que conflúen en ambos os sentidos. As frechas axúdannos a representar conceptos presentes no proxecto: INTERACCIÓN, CONFLUENCIA, COLABORACIÓN, DINAMIZACIÓN, etc… Dúas cores degradadas subliñan esa mestura de dous intereses cun fin común.

Tamén se desenvolveu un tríptico explicativo do proxecto en cuxa portada pareceunos interesante utilizar unha imaxe que reflectise esa idea de proxectos colaborativos. Para iso utilizamos unha mesa de traballo con diversas persoas de diferentes perfís traballando cun mesmo obxectivo. Mediante uns debuxos/bosquexos creados na mesa de traballo, reflectimos ideas máis directas: redes sociais, ideas, sinerxía, comercio, balances, rendibilidade, nube de datos, obxectivo, etc…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando dá su consentimiento para la aceptación nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies